25 de mayo de 2011

Celebración do día das Letras galegas



A tarde do xoves día 25 , celebraremos no noso centro o día das letras galegas. Despois de moitos ensaios a cargo da súa mestra Ángela, tódolos rapaces, dende os máis novos ata os maiores, deleitarannos con danzas e cancións da nosa cultura. Convidamos a todas as familias que desexen asistir

19 de mayo de 2011

LETRAS GALEGAS 2011- LOIS PEREIRO



Lois Pereiro naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e morreu na Coruña en 1996.

Comezou os estudios de socioloxía en Madrid, aínda que poucos meses despois da súa viaxe, volta a Monforte para traballar co seu pai.

Regresa a Madrid, para estudar na escola de idiomas. Foi colaborador na elaboración da revista Loia, xunto con outros galegos.

Regresa a Galicia en 1981. Colabora en varias antoloxías poéticas "De amor e desamor" (1984 e 1985) e tamén na revista "Luces de Galiza"

Algúns dos seus libros de poemas foron: " Poesía última de amor e enfermidade", "Poemas para unha loia"

9 de mayo de 2011

Saídas Maio - Xuño

Días 11,12,13 Maio - Granxa Barreiros: 3º e 4º Primaria

Días do 11 ao 17 Maio - Madrid / Santander: 6º Primaria

Día 24 Maio - Marcelle: Infantil

Día 1, 2, 3 Xuño - Granxa Barreiros: 1º e 2º Primaria

Día 6 - Taller na aula "Lagoa de Eirís": 6º Infantil, cunha saída o día seguinte á Lagoa

Día 6 - Taller na aula "Monte de San Pedro: 2º Primaria, coa saída correspondente o día 10

Días 10, 11, 12 Xuño - Manzaneda: 5º Primaria