27 de octubre de 2011

Venres 28



O próximo venres 28 pola tarde, está previsto realizar o concurso de peonzas. Ademais,pola proximidade da data, aproveitaremos para a celebración do Samaín.

Sempre que o tempo acompañe, estas actividades levaranse a cabo no colexio dos pequenos.

20 de octubre de 2011

Concurso Peonzas 2011

Moi pronto, terá lugar o Concurso de Peonzas 2011, vai buscando a peonza e empezar a practicar.

Terás que saber bailar a peonza para seres admitido no concurso, en calquera das modalidades.

As modalidades nas que se pode concursar son:

1- HABILIDADE: Os trucos a realizar son

- Bailar a peonza na man
- O ascensor

- O columpio

2- BELEZA: Terás que deixar voar a imaxinación para decorar a túa peonza de xeito impresionante.

4 de octubre de 2011

Saídas Outubro

Día 6 - "Casa das Ciencias" : 1º e 2º Primaria
Día 13 - "Casa dos peixes": 5 anos
Día 20: Fragas do Eume: 5º e 6º Primaria
Día 21: Parque de Santa Cristina (visita ao Outono): 4 e 5 anos
Días 25 e 26: Programa Medio Ambiental (Ruta da auga): 3º e 4º Primaria / 25:Audiovisual e taller na aula / 26:Saída "Río Mero"

Papiroflexia

O vindeiro venres 7 de outubro na Praza de Azcárraga de A Coruña ás 18.30 hrs. A compañía de danza CONTRA2 presenta PAPIROFLEXIAS, espectáculo de danza para nen@s.


O espectáculo inspíranse no libro O principiño de Antoine de Saint Exupéry, creando un asteroide onde todo é de papel. Os habitantes deste planeta, despois de viaxar planeta por planeta chegan á terra, onde descubren unha grande traxedia: para facer papel hai que talar árbores. É por iso que toman como obxectivo transmitir unha grande mensaxe ós mais cativos: a de Reducir, Reciclar e Reutilizar… e o que é máis importante… XOGAR!!!!

Guirnaldas de bandeiras, comecocos xigantes, paxariñas, rás de papel, faroliños chineses, batallas de bolas de papel, cañóns de confetti ou voadas de avións de papel servirán para imprimires ritmo a esta montaxe de case unha hora de duración e que seguro que farán as delicias, tanto dos máis cativos, coma dos seus acompañantes maiores.