22 de diciembre de 2010

POSTAIS DE NADAL GAÑADORAS


Como tódolos anos nestas datas, os nenos de primaria, crean as súas postais de nadal.
Os gañadores de cada curso foron os seguintes:
1º Primaria: Marla González
2º Primaria: Yadira Fuertes
3º Primaria: Carla Bruña
4º Primaria: Cristian Loureda
5º Primaria: Javier Pardo
6º Primaria: Nerea Sánchez

13 de diciembre de 2010

MES DECEMBRO


DIA 21: Entrega de notas (deberanse traer asinadas ao día seguinte).


DIA 22: Derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal. Esta mesma tarde, se o tempo acompaña, celebrarase o 8º Concurso de Buxainas.

Recordar tamén que o número que xoga o noso colexio na Lotería deste ano é o 58866.

23 de noviembre de 2010

Consello Escolar

Recórdase a todos os pais e nais, que o vindeiro luns día 29, realizaranse as votacións para a renovación dos membros do Consello Escolar no horario de 15:30 a 18:30.

8 de noviembre de 2010

Benvidos ao Blog do Cpr. A Ponte Pasaxe. Nel poderase consultar as diferentes noticias, acontecementos e celebracións que se realizarán ao longo do curso. Ademais servirá como ferramenta para intercambiar opinións ou facer suxerencias no apartado de comentarios que haberá debaixo de cada unha das entradas.

Por outra banda, recordar que algunhas das actividades que se realizaron ata o día de hoxe foron a celebración do Magosto e do Samaín. En breve tense previsto realizar o concurso de Buxainas. Todos os interesados en participar, poden ver as bases do concurso pinchando no archivo que ven a continuación