19 de diciembre de 2011

Fin 1º Avaliación



O martes 20 de decembro, entregaranse as notas da primeira avaliación (deberanse traer asinadas ao día seguinte).

O mércores 21, será o derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal. A volta, Luns 9 de Xaneiro.


Recordar que o número que xoga este ano o noso colexio é o 17357, oxalá toque e teñamos que vir ao cole o 22 para celebralo.




BO NADAL

1 de diciembre de 2011

Campaña recollida de xoguetes





Colaborando co Concello de Culleredo, o noso centro participa na campaña anual de recollida de xoguetes, co obxectivo de axudar aquelas familias máis desfavorecidas, evitando que algúns rapaces non puideran ter acceso aos agasallos de Nadal que tanta ilusión fan.

Agradecemos a colaboración de tódalas familias que se presten a participar na campaña, e recordamos que os xoguetes deberán estar en bo estado. Poderedes deixalos dende o día 5 ata o 21 de este mes no colexio.

Saídas Decembro

Día 1- Forum "Vice-versa": 5 anos
Día 2- Forum "Vice Versa": 4 anos

22 de noviembre de 2011

25 Novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero





Besar, respectar, amar, achuchar, compartir, dialogar… hai moitas formas de vivir e sentir as relacións sen violencia.



16 de noviembre de 2011

Isto non debería ser normal

Depois dun estudio, e coñecer a idade dos rapaces na que se inician no consumo do alcohol, o Ministerio de Sanidade lanzou a nova campaña sobre os riscos do seu consumo en menores.

http://www.youtube.com/watch?v=fBvUVcSqpXE

10 de noviembre de 2011

Magosto



Un ano máis, durante a estación de outono, celebramos O Magosto, a festa do lume e das castañas, tan típica na nosa comunidade.

Os en cargados de organizala serán os alumnos de 6º, que ademais do posto de castañas, terán outro de complementos (pulseiras, bonecas de fieltro,...)

Agardamos a asistencia de toda a comunidade educativa o xoves 10 de novenbro no patio do colexio ás 15:30.



8 de noviembre de 2011

Saídas Novembro

Día 11- Teatro Rosalía "Konrad": 3º Primaria
Día 16- Saída Cecebre: 3º e 4º Primaria
Día 17- Forum "El Refugio": 5º e 6º Primaria
Día 25- Forum "Caperucita Roja": 4 anos