23 de febrero de 2011

ENTROIDO 2011


A vindeira semana realizaranse diferentes actividades para a celebración do Entroido. Comezarase coa creación de Carteis feitos polos nenos nas súas clases.
O xoves día 3 farase o Concurso de Larpeiradas, mesmo día no que sairemos disfrazados pola rúa.
Por último, o venres 4, será a festa de disfraces na discoteca Chevalier organizada pola ANPA.

Recordar que todo aquel interesado na participación no Concurso de Larpeiradas, poderá entregalas ata as 17:30 do mesmo día 3, sendo o venres na merenda cando sexan degustadas polos rapaces. Todas aquelas que non se coman serán donadas á Cociña Económica.

As modalidades do concurso son: filloas, orellas, presentación (orixinalidade) e outros doces.

2 de febrero de 2011

Saídas Febreiro

Día 7 - Mº José Jove: 3º e 4º Primaria

Día 9- Mº José Jove: 1º e 2º Primaria

Día14- Casa dos Peixes: 3º e 4º Primaria

Día 16- Concerto "Papagano busca noiva": 5º e 6º Primaria

28 de enero de 2011

DIA DA PAZ


O vindeiro día 30, conmemórase ademais da morte do lider nacional e espiritual da India Mahatma Gandhi, o día da Paz.
Esta celebración é unha oportunidade máis de contribuir de que os centros convértanse en instrumentos de paz e entendimento entre persoas de distinta formación, raza, cultura, relixión,...
Por dito motivo, convidamos a todos os pais, nais, familiares, amigos, ..., a celebrar esta data tan importante, que se levará a cabo o luns 31 pola tarde. Repartiranse globos para tódolos nenos e a actividade culminará co lanzamento da xa tradicional Pomba da Paz.

18 de enero de 2011

Saídas Xaneiro

Día 19- Planetario / Casa das Ciencias: 1º,2º Primaria

Día 24- Casa dos Peixes / Domus: 5º Primaria

Día 25- Comisaría de Policía: 1º e 2º Primaria

Día 27- Domus / Casa dos Peixes: 6º Primaria

11 de enero de 2011

Despois das vacacións de Nadal, volta as actividades lectivas con total normalidade.
Desexamos que o 2011, sexa un bo ano para todos

22 de diciembre de 2010

POSTAIS DE NADAL GAÑADORAS


Como tódolos anos nestas datas, os nenos de primaria, crean as súas postais de nadal.
Os gañadores de cada curso foron os seguintes:
1º Primaria: Marla González
2º Primaria: Yadira Fuertes
3º Primaria: Carla Bruña
4º Primaria: Cristian Loureda
5º Primaria: Javier Pardo
6º Primaria: Nerea Sánchez

13 de diciembre de 2010

MES DECEMBRO


DIA 21: Entrega de notas (deberanse traer asinadas ao día seguinte).


DIA 22: Derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal. Esta mesma tarde, se o tempo acompaña, celebrarase o 8º Concurso de Buxainas.

Recordar tamén que o número que xoga o noso colexio na Lotería deste ano é o 58866.