6 de junio de 2012

AXUDAS LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA

A continuación  proporcionámoslles  o enlace para consultar o DOGA referente a axuda para a adquisicións de  libros de texto, materiais curriciculares e material didáctico e complementario para o alumnado de primaria.

¿QUÉ DEBEN FACER?:
1- Ler a orde do DOG
Pinchar aquí para ler o DOG:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120601/AnuncioG0164-300512-0004_gl.pdf
2- Imprimir  o Anexo I ( páxinas 21210 e 21211 do DOG).
3- Comprobar a cuantía da axuda (páxina 21198 do DOG).
4- Entregar no centro o Anexo I debidamente cumprimentado e asinado,  xunto coa documentación correspondente (Artigo 4, páxinas 21196, 21197 e 21198 do DOG).





30 de mayo de 2012




Mañá día 31 de maio pola tarde ás 19H. os alumnos de 4º van actuar no    Certamen de Playback  no colexio Calvo Sotelo.
Convidámosvos a vir a vernos.

29 de mayo de 2012



PONTE EN PIXAMA



Xa rematou... que pena!
Gustounos moito xogar, cear e durmir no cole. (O meu favorito foi o escondite con lanterna, e as pistas)
Grazas por realizar esta actividade tan divertida!!!

24 de mayo de 2012

Celebración Letras Galegas


 O luns 28 de Maio, celebraremos as Letras Galegas, onde todos os nenos e nenas do colexio participarán en bailes e cantos.
Como novidade, un grupo de pais e nais deleitarannos tamén cun baile típico da nosa terra.
Así agardamos a todas as familias que nos acompañen neste día de festa, que se levará a cabo no horario de tarde no colexio dos pequenos.


23 de mayo de 2012


    …PONTE EN PIXAMA
O próximo venres día 25 de maio O grupo de 4º curso vai quedar a durmir no cole. realizarán actividades diferentes e inesquecibles. Terán que levar saco de durmir, lanterna, e non creo que se aburran. 
(Algún de vós sabe o que ocorre no cole pola noite?. Sí hai algo misterioso, pero shhhhhhhhhh...non digades nada)

17 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Océano de formas debulladas
polo folgo dos anxos.
Soilo de tí pudera no profundo
ouh vento! vento! vento!
esprementar elemental envexa
a cintilante maxestá dos mares.
Envexa do teu ser
máis cretaíño e doce, máis levián,
de sustancias alíxeras composto,
por estrelas fuxidas viaxado,
viaxado por trasnos e pantasmas.

8 de mayo de 2012

Saídas Maio / Xuño

MAIO
Días: do 13 ao 18:Excursión Cantabria, 6º Ed. Primaria
Día 16: Casa do Queixo, Infantil
Días 21 e 22: Gandarío, 1º e 2º Ed. Primaria
XUÑO
Días: do 8 ao 10: Manzaneda, 5º Ed. Primaria
Días: do 11 ao 13: Granxa Barreiros, 3º e 4º Ed. Primaria
Día 14: Concerto, 3º Ed. Primaria
* Quedan por confirmar as saídas da Lagoa de Eirís (4 e 5 anos) e Monte de San Pedro (1º e 2º Ed. Primaria), pertencentes a un programa medioambiental, que xa foron aplazadas polo mal tempo