19 de diciembre de 2011

Fin 1º Avaliación



O martes 20 de decembro, entregaranse as notas da primeira avaliación (deberanse traer asinadas ao día seguinte).

O mércores 21, será o derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal. A volta, Luns 9 de Xaneiro.


Recordar que o número que xoga este ano o noso colexio é o 17357, oxalá toque e teñamos que vir ao cole o 22 para celebralo.




BO NADAL

1 de diciembre de 2011

Campaña recollida de xoguetes





Colaborando co Concello de Culleredo, o noso centro participa na campaña anual de recollida de xoguetes, co obxectivo de axudar aquelas familias máis desfavorecidas, evitando que algúns rapaces non puideran ter acceso aos agasallos de Nadal que tanta ilusión fan.

Agradecemos a colaboración de tódalas familias que se presten a participar na campaña, e recordamos que os xoguetes deberán estar en bo estado. Poderedes deixalos dende o día 5 ata o 21 de este mes no colexio.

Saídas Decembro

Día 1- Forum "Vice-versa": 5 anos
Día 2- Forum "Vice Versa": 4 anos