1 de diciembre de 2011

Campaña recollida de xoguetes





Colaborando co Concello de Culleredo, o noso centro participa na campaña anual de recollida de xoguetes, co obxectivo de axudar aquelas familias máis desfavorecidas, evitando que algúns rapaces non puideran ter acceso aos agasallos de Nadal que tanta ilusión fan.

Agradecemos a colaboración de tódalas familias que se presten a participar na campaña, e recordamos que os xoguetes deberán estar en bo estado. Poderedes deixalos dende o día 5 ata o 21 de este mes no colexio.

No hay comentarios: