30 de enero de 2012

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Esta tarde, no colexio dos pequenos, lanzaremos a tradicional Pomba da Paz, así como decenas de globos que serán repartidos a todos os nenos.
Convidamos a todas as familias e amigos para que nos acompañen nesta celebración.




"¡Paz, paz, paz! Paz luminosa.


Una vida de armonía sobre una tierra dichosa."


"Paz sin fin, paz verdadera.


Paz que al alba se levante


y a la noche no se muera."



Rafael Alberti

19 de enero de 2012

O NENO QUE LLE QUITOU A SEDE A MEDIO MILLÓN DE AFRICANOS




Ryan naceu en Canadá en maio do 91, é dicir que a día de hoxe ten 18 anos. De pequeno, na escola, cando tiña tan só seis aniños a súa mestra faloulles de como vivían os nenos en África.Conmoveuse profundamente ao saber que algúns ata morren de sede, que non hai pozos de onde sacar auga, pensar que a el lle abondaba dar uns pasos para que a auga saíse da billa durante horas...Ryan preguntou canto custaría levarlles auga. A mestra pensouno un pouco e recordou unha organización chamada WaterCan dedicada ao tema e díxolle que un pequeno pozo podía custar uns 70 dólares.


Cando chegou á súa casa foi directo á súa nai Susan e díxolle que necesitaba 70 dólares para comprar un pozo para os nenos africanos. A súa nai díxolle que debía conquistalos el mesmo e foille poñendo tarefas na casa coas que Ryan gañaba algúns dólares á semana. Finalmente reuniu os 70 dólares e pediu á súa nai que o acompañase á sede de WaterCan para comprar o seu pozo para os nenos de África. Cando o atenderon dixéronlle que o que custaba realmente a perforación dun pozo eran 2000 dólares. Susan deixoulle claro que ela non podía darlle 2000 dólares por máis que limpase cristais para toda a vida, pero Ryan non se rendeu. Prometeulle a aquel home que volvería... e fíxoo.


Contaxiados polo seu entusiasmo, todos se puxeron a traballar: os seus irmáns, veciños e amigos. Entre todos os veciños logrou reunir 2000 dólares traballando e facendo mandados e Ryan volveu triunfal WaterCan para pedir o seu pozo.


Cando o pozo de Angola estivo feito, o colexio comezou un carteo con nenos do colexio que estaba ao lado do pozo, en África.Así Ryan coñeceu a Akana; un rapaz que escapara das poutas dos exércitos de nenos e que loitaba por estudar cada día. Ryan sentiuse cativado polo seu novo amigo e pediu aos seus pais ir a velo. Cun grande esforzo económico pola súa parte, os pais pagaron unha viaxe a Uganda e Ryan no 2000 chegou ao pobo onde se perforara o seu pozo. Centos de nenos dos arredores coreaban o seu nome formando un corredor.- Saben o meu nome? -preguntou Ryan á súa guía- Todo o mundo a 100 quilómetros á redonda o sabe, respondeulle.


A día de hoxe Ryan -con 18 anos- ten a súa propia fundación e leva logrados máis de 400 pozos en África. Encárgase tamén de proporcionar educación e de ensinar os nativos a coidar dos pozos e da auga. Recolle doazóns de todo o mundo e estuda para ser enxeñeiro hidráulico. Ryan empeñouse en rematar coa sede en África

17 de enero de 2012

UN TAPÓN SOLIDARIO PARA PAULA




Animamos a todas as familias a reunir tapóns de plástico para axudar a esta nena que naceu sen sacro. Podedes deixalos no colexio, e nós, encargarémonos de entregalos na Cruz Vermella.