
Ryan naceu en Canadá en maio do 91, é dicir que a día de hoxe ten 18 anos. De pequeno, na escola, cando tiña tan só seis aniños a súa mestra faloulles de como vivían os nenos en África.Conmoveuse profundamente ao saber que algúns ata morren de sede, que non hai pozos de onde sacar auga, pensar que a el lle abondaba dar uns pasos para que a auga saíse da billa durante horas...Ryan preguntou canto custaría levarlles auga. A mestra pensouno un pouco e recordou unha organización chamada WaterCan dedicada ao tema e díxolle que un pequeno pozo podía custar uns 70 dólares.
Cando chegou á súa casa foi directo á súa nai Susan e díxolle que necesitaba 70 dólares para comprar un pozo para os nenos africanos. A súa nai díxolle que debía conquistalos el mesmo e foille poñendo tarefas na casa coas que Ryan gañaba algúns dólares á semana. Finalmente reuniu os 70 dólares e pediu á súa nai que o acompañase á sede de WaterCan para comprar o seu pozo para os nenos de África. Cando o atenderon dixéronlle que o que custaba realmente a perforación dun pozo eran 2000 dólares. Susan deixoulle claro que ela non podía darlle 2000 dólares por máis que limpase cristais para toda a vida, pero Ryan non se rendeu. Prometeulle a aquel home que volvería... e fíxoo.
Contaxiados polo seu entusiasmo, todos se puxeron a traballar: os seus irmáns, veciños e amigos. Entre todos os veciños logrou reunir 2000 dólares traballando e facendo mandados e Ryan volveu triunfal WaterCan para pedir o seu pozo.
Cando o pozo de Angola estivo feito, o colexio comezou un carteo con nenos do colexio que estaba ao lado do pozo, en África.Así Ryan coñeceu a Akana; un rapaz que escapara das poutas dos exércitos de nenos e que loitaba por estudar cada día. Ryan sentiuse cativado polo seu novo amigo e pediu aos seus pais ir a velo. Cun grande esforzo económico pola súa parte, os pais pagaron unha viaxe a Uganda e Ryan no 2000 chegou ao pobo onde se perforara o seu pozo. Centos de nenos dos arredores coreaban o seu nome formando un corredor.- Saben o meu nome? -preguntou Ryan á súa guía- Todo o mundo a 100 quilómetros á redonda o sabe, respondeulle.
A día de hoxe Ryan -con 18 anos- ten a súa propia fundación e leva logrados máis de 400 pozos en África. Encárgase tamén de proporcionar educación e de ensinar os nativos a coidar dos pozos e da auga. Recolle doazóns de todo o mundo e estuda para ser enxeñeiro hidráulico. Ryan empeñouse en rematar coa sede en África
No hay comentarios:
Publicar un comentario