
O xoves 16 ás 11:00 horas aproximadamente, todos os nenos e nenas sairán disfrazados pola rúa. Ademais, tamén serán entregados os premios aos gañadores do concurso de Carteis de Larpeiradas.
Esa mesma tarde, ás 18:00 horas, premiaranse as mellores filloas, orellas, rosquillas, mellor presentación e mellores doces. Estas larpeiradas poderán degustalas todos os alumnos/as o día seguinte no recreo.
Por último, o venres 17 pola tarde, será a festa de disfraces na discoteca Chevalier, organizada pola ANPA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario