6 de junio de 2012

AXUDAS LIBROS DE TEXTO DE PRIMARIA

A continuación  proporcionámoslles  o enlace para consultar o DOGA referente a axuda para a adquisicións de  libros de texto, materiais curriciculares e material didáctico e complementario para o alumnado de primaria.

¿QUÉ DEBEN FACER?:
1- Ler a orde do DOG
Pinchar aquí para ler o DOG:  http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120601/AnuncioG0164-300512-0004_gl.pdf
2- Imprimir  o Anexo I ( páxinas 21210 e 21211 do DOG).
3- Comprobar a cuantía da axuda (páxina 21198 do DOG).
4- Entregar no centro o Anexo I debidamente cumprimentado e asinado,  xunto coa documentación correspondente (Artigo 4, páxinas 21196, 21197 e 21198 do DOG).





30 de mayo de 2012




Mañá día 31 de maio pola tarde ás 19H. os alumnos de 4º van actuar no    Certamen de Playback  no colexio Calvo Sotelo.
Convidámosvos a vir a vernos.

29 de mayo de 2012



PONTE EN PIXAMA



Xa rematou... que pena!
Gustounos moito xogar, cear e durmir no cole. (O meu favorito foi o escondite con lanterna, e as pistas)
Grazas por realizar esta actividade tan divertida!!!

24 de mayo de 2012

Celebración Letras Galegas


 O luns 28 de Maio, celebraremos as Letras Galegas, onde todos os nenos e nenas do colexio participarán en bailes e cantos.
Como novidade, un grupo de pais e nais deleitarannos tamén cun baile típico da nosa terra.
Así agardamos a todas as familias que nos acompañen neste día de festa, que se levará a cabo no horario de tarde no colexio dos pequenos.


23 de mayo de 2012


    …PONTE EN PIXAMA
O próximo venres día 25 de maio O grupo de 4º curso vai quedar a durmir no cole. realizarán actividades diferentes e inesquecibles. Terán que levar saco de durmir, lanterna, e non creo que se aburran. 
(Algún de vós sabe o que ocorre no cole pola noite?. Sí hai algo misterioso, pero shhhhhhhhhh...non digades nada)

17 de mayo de 2012

Día das Letras Galegas 2012: Valentín Paz Andrade

Océano de formas debulladas
polo folgo dos anxos.
Soilo de tí pudera no profundo
ouh vento! vento! vento!
esprementar elemental envexa
a cintilante maxestá dos mares.
Envexa do teu ser
máis cretaíño e doce, máis levián,
de sustancias alíxeras composto,
por estrelas fuxidas viaxado,
viaxado por trasnos e pantasmas.

8 de mayo de 2012

Saídas Maio / Xuño

MAIO
Días: do 13 ao 18:Excursión Cantabria, 6º Ed. Primaria
Día 16: Casa do Queixo, Infantil
Días 21 e 22: Gandarío, 1º e 2º Ed. Primaria
XUÑO
Días: do 8 ao 10: Manzaneda, 5º Ed. Primaria
Días: do 11 ao 13: Granxa Barreiros, 3º e 4º Ed. Primaria
Día 14: Concerto, 3º Ed. Primaria
* Quedan por confirmar as saídas da Lagoa de Eirís (4 e 5 anos) e Monte de San Pedro (1º e 2º Ed. Primaria), pertencentes a un programa medioambiental, que xa foron aplazadas polo mal tempo

25 de abril de 2012

UN CORTO PARA OS LIBROS

Aínda que o día do libro foi o pasado 23 de abril, despois de ver este corto adicado a eles, gustaríame compartilo convosco.

24 de abril de 2012

XXXIV FESTIVAL A PONTE PASAXE



Este Xoves 26 de Abril, celebraremos un ano máis o xa tradicional festival do noso centro.
Debido a causas axenas ao centro, non podemos dispoñer o día 27 da Laboral, e despois de realizar as xestións pertinentes, quedou a data fixada para o día anterior.
Darase comezo ás 18:30 e a duración estimada será dunha hora e media.
Sentimolo especialmente por aqueles pais e familias que tiveron que pedir o día con antelación para poder ver aos nenos.

Desexámos que disfruten da velada

28 de marzo de 2012

6 de marzo de 2012

5 de Marzo, Día Mundial da Eficiencia Enerxética

A continuación deixamos un vídeo sobre hábitos que favorecerán o aforro enerxético

Saídas Marzo

Día 8 - Concerto do Conservatorio de Culleredo: 1º Primaria
Día 13- Ferrol e entorno: 5º e 6º Primaria
Día 20- Ferrol e entorno: 3º e 4º Primaria
Día 27- Biblioteca Forum: 3 e 4 anos

14 de febrero de 2012

Entroido 2012

Esta semana no noso colexio, realizaremos distintas actividades para a celebración do Entorido.

O xoves 16 ás 11:00 horas aproximadamente, todos os nenos e nenas sairán disfrazados pola rúa. Ademais, tamén serán entregados os premios aos gañadores do concurso de Carteis de Larpeiradas.

Esa mesma tarde, ás 18:00 horas, premiaranse as mellores filloas, orellas, rosquillas, mellor presentación e mellores doces. Estas larpeiradas poderán degustalas todos os alumnos/as o día seguinte no recreo.

Por último, o venres 17 pola tarde, será a festa de disfraces na discoteca Chevalier, organizada pola ANPA.


30 de enero de 2012

30 XANEIRO: DÍA DA PAZ

Esta tarde, no colexio dos pequenos, lanzaremos a tradicional Pomba da Paz, así como decenas de globos que serán repartidos a todos os nenos.
Convidamos a todas as familias e amigos para que nos acompañen nesta celebración.




"¡Paz, paz, paz! Paz luminosa.


Una vida de armonía sobre una tierra dichosa."


"Paz sin fin, paz verdadera.


Paz que al alba se levante


y a la noche no se muera."



Rafael Alberti

19 de enero de 2012

O NENO QUE LLE QUITOU A SEDE A MEDIO MILLÓN DE AFRICANOS




Ryan naceu en Canadá en maio do 91, é dicir que a día de hoxe ten 18 anos. De pequeno, na escola, cando tiña tan só seis aniños a súa mestra faloulles de como vivían os nenos en África.Conmoveuse profundamente ao saber que algúns ata morren de sede, que non hai pozos de onde sacar auga, pensar que a el lle abondaba dar uns pasos para que a auga saíse da billa durante horas...Ryan preguntou canto custaría levarlles auga. A mestra pensouno un pouco e recordou unha organización chamada WaterCan dedicada ao tema e díxolle que un pequeno pozo podía custar uns 70 dólares.


Cando chegou á súa casa foi directo á súa nai Susan e díxolle que necesitaba 70 dólares para comprar un pozo para os nenos africanos. A súa nai díxolle que debía conquistalos el mesmo e foille poñendo tarefas na casa coas que Ryan gañaba algúns dólares á semana. Finalmente reuniu os 70 dólares e pediu á súa nai que o acompañase á sede de WaterCan para comprar o seu pozo para os nenos de África. Cando o atenderon dixéronlle que o que custaba realmente a perforación dun pozo eran 2000 dólares. Susan deixoulle claro que ela non podía darlle 2000 dólares por máis que limpase cristais para toda a vida, pero Ryan non se rendeu. Prometeulle a aquel home que volvería... e fíxoo.


Contaxiados polo seu entusiasmo, todos se puxeron a traballar: os seus irmáns, veciños e amigos. Entre todos os veciños logrou reunir 2000 dólares traballando e facendo mandados e Ryan volveu triunfal WaterCan para pedir o seu pozo.


Cando o pozo de Angola estivo feito, o colexio comezou un carteo con nenos do colexio que estaba ao lado do pozo, en África.Así Ryan coñeceu a Akana; un rapaz que escapara das poutas dos exércitos de nenos e que loitaba por estudar cada día. Ryan sentiuse cativado polo seu novo amigo e pediu aos seus pais ir a velo. Cun grande esforzo económico pola súa parte, os pais pagaron unha viaxe a Uganda e Ryan no 2000 chegou ao pobo onde se perforara o seu pozo. Centos de nenos dos arredores coreaban o seu nome formando un corredor.- Saben o meu nome? -preguntou Ryan á súa guía- Todo o mundo a 100 quilómetros á redonda o sabe, respondeulle.


A día de hoxe Ryan -con 18 anos- ten a súa propia fundación e leva logrados máis de 400 pozos en África. Encárgase tamén de proporcionar educación e de ensinar os nativos a coidar dos pozos e da auga. Recolle doazóns de todo o mundo e estuda para ser enxeñeiro hidráulico. Ryan empeñouse en rematar coa sede en África

17 de enero de 2012

UN TAPÓN SOLIDARIO PARA PAULA




Animamos a todas as familias a reunir tapóns de plástico para axudar a esta nena que naceu sen sacro. Podedes deixalos no colexio, e nós, encargarémonos de entregalos na Cruz Vermella.